jueves, 21 de diciembre de 2017

Ata pronto!

Hoxe foi un día moi especial para os peques: o seu primeiro festival de panxoliñas. Antes de realizala nosa panxoliña, sesión de fotos con algunha baixa de última hora .
Aquí vos deixo a nosa felicitación , esperamos que vos guste.


Para velo en grande clicade na imaxe!


E déixovos a nosa actuación que tamén tedes na páxina web do cole

miércoles, 20 de diciembre de 2017

Obradoiro de cociña polo Nadal

Estos días fixemos unhas ricas galletas típicas do nadal.
Qué ricas quedaron!





domingo, 3 de diciembre de 2017

Comezamos co Proxecto." Os ovos de Dinosaurio"

Fai unhas semanas comezamos co novo proxecto, os peques están ilusionadísimos, pouco a pouco foron traendo cousas moi interesantes para compartir cos compañeiros e a nosa cova de dinosaurios está sempre moi chea, encántalle xogar nela.
Hai unha semana Nico trouxo un ovos moi peculiares que atopou no xardín da súa casa, contounos cousiñas sobre eles e a partir de ahí xurdiron dúas experiencias : un experimento para facer ovos de dinosaurios e unha receita de cociña. Para eles foi todo un reto pero a emoción nas súas caras foi o mellor.


sábado, 2 de diciembre de 2017

Recantos divertidos

Durante este mes estivemos aproveitando a estación do outono para traballar dunha maneira divertida. Aquí vos diexamos algunhas das nosas aventuras




Deixovos o enlace aquí por se non o podedes ver directamente

miércoles, 29 de noviembre de 2017

Contacontos dos padriños lectores

Esta semana algúns dos padriños lectores viñeron a contarnos un conto na hora de lectura. Cada día os pequerrechos están máis cómodos con eles e gozan das lecturas.
Grazas pola vosa visita


domingo, 12 de noviembre de 2017

O magosto

Así de ben pasámolo no magosto, comemos castañas e  xogamos moito, moito, moito.


Preparando as cestas para o Magosto

Se non o vedes co voso navegador, clicade aquí

jueves, 9 de noviembre de 2017

Un biscoito de castaña

Esta semana como festexaremos o magosto , qué mellor que elaborar un rico biscoito de castaña.
Mans a obra!


Así quedaron os biscoitos:



domingo, 5 de noviembre de 2017

Chega un novo recanto a aula

O outono xa chegou e con el moitas froitas, moitas follas secas e moitos elementos que atopamos no noso entorno que nos poden servir para traballar con eles.


E mentras tanto outros...

miércoles, 1 de noviembre de 2017

O noso primeiro Samaín

Estas últimas semanas foron moi emocionantes para os máis cativos e gozaron do Samaín ao máximo. Seguro que vendo este pequeno video o entendedes.

viernes, 27 de octubre de 2017

Galletas polo Samaín

Onte fixemos un novo obradoiro de cociña. Pasámolo xenial e estas galletas estaban boísimas!!

martes, 24 de octubre de 2017

Lendo o Sol

A verdade que hoxe facía un sol tan bonito que, para conmemorar o Día internacional das Bibliotecas escolares, decidimos saír ler ao sol cos nosos afillados (e padriños).

Os nosos padriños lectores elixiron as lecturas con moito cariño (lecturas de outono, de Samaín, de medo...) e preparáronas con moitas ganas e ilusión.

domingo, 22 de octubre de 2017

Non máis lume!

Para todos nós o gran incendio que asolou a parroquia de Vincios foi un feito que marcounos e este foi a nosa maneira de expresalo

jueves, 19 de octubre de 2017

Obradoiro científico

Hoxe realizamos o noso primeiro obradoiro científico, aos pequenos encántalle xogar ca plastilina e qué mellor , que facer a nosa ca cor que elixamos.
A experiencia foi moi divertida e todos estaban moi orgullosos co resultado

Facendo pegadas

Sempre estamos pintando cas mans, pero... qué sensación teremos se empregamos os pés?
Algúns dos rapaces foron reacios a probalo pero outros pasárono xenial
(clicade na imaxe para vela en grande)

E logo de pintar e pintar, cas nosas pegadas fixemos unha árbore 






jueves, 12 de octubre de 2017

Coñecémonos un pouco máis

Esta semana comezamos cunha nova  actividade co obxectivo de coñecernos un pouquiño máis , para elo empregamos unha dinámica de TRABALLO COOPERATIVO: " A maleta". 
Durante uns días a nosa maleta irá viaxando polas diferentes casas dos nen@ da aula e nela virán pequenos tesouros que nos representen, cousas importantes de cada un de nós.
Os cativos están desexando participar
Qué nos contarán??
Irémolo averiguando ao longo dos días


lunes, 9 de octubre de 2017

Chegou o outono

Estos días ca calor, as follas secas das árbores comezaron a caer ao chan.
Sabedes o divertido que é xogar con elas e descubrir o son que fan o pisalas?
(clicade na imaxe para vela máis grande)

jueves, 5 de octubre de 2017

Obradoiro de Cociña

Hoxe realizamos o primeiro obradoiro de cociña .
Estábamos moi emocionados e tíñamos moitas ganas de poñernos mans a obra.
Pasámolo xenial, e para rematar este pequeno proxecto de contos de gatiños...elaboramos cariñas gatunas moi sabrosas.
Mmm... !!
(Clicade na imaxe para ver o video)

domingo, 1 de octubre de 2017

Os padriños lectores visitan a nosa aula por primeira vez

O pasado venres foi un día moi especial para os cativos pois os compañeiros de 3º visitáronnos cunha nova moi importante...Ían ser os nosos padriños lectores.
A partir de hoxe compartiremos moitos momentos con eles e o longo de varios anos a relación que se cree entre nós será moi importante .

Grazas por este recibimento!!


martes, 26 de septiembre de 2017

O periodo de Adaptación

Deixámosvos un pequeno anaco do ben que o pasamos estos primeiros días no cole

Comezamos un novo curso

Xa estamos de volta, e este ano comezamos unha nova andaina .
Estos cativos de 3 anos xa son todos uns profesionais e aínda que o asunto da fotografía non o teñen moi collido, xa iremos acostumándonos.
 (Faltan dous cativos que non aparecen na foto pero pouco a pouco iremos estando todos )

Bo inicio de Curso


viernes, 22 de septiembre de 2017

Estamos en Outono