jueves, 29 de marzo de 2018

Visita duns descendentes dos dinosaurios


Chegan as vacacións de Pascua

Durante os últimos días do trimestre estivemos traballando con cousas típicas destas vacacións; xogamos con ovos, fixemos galiñas, deixamos voar a nosa imaxinación ...





Os padriños invítannos a unha exposición

Canto traballamos cos dinosaurios

Este trimestre fixemos moitas cousas, traballamos o xornal, elaboramos os disfraces doentroido, experimentamos co inverno, fomos a cociña e investigamos sobre os dinosaurios.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra das cousas que xurdiron na aula


viernes, 23 de marzo de 2018

Algunhas aportacións á exposición da biblio

Como xa sabedes, este trimestre realizamos unha exposición na biblioteca na que as tres aulas de infantil aportaron pequenas cousiñas de todo o que fixeron entorno o tema anual, "os dinosaurios".
Nós, que somos os máis pequenos danos un pouco de vergoña falar diante da cámara, pero aínda así fixemos moitas outras cousas.

Aquí vos deixamos algunhas delas




jueves, 15 de marzo de 2018

Parabens Ilie, Maira, Xoel!

O pasado venres os pais de Maira, Ilie e Xoel acudiron a aula para festexar os 4 anos dos seus cativos. 
Fixemos un montón de cousiñas: contáronnos un conto, xogamos con globos e bailamos.
Grazas por facernos esta visita!!





domingo, 11 de marzo de 2018

Yoel xa ten 4 anos

O pasado venres Yoel e o seu pai Samuel festexaron con nós o cumpreanos. 
Parabens Yoel!



Susan Hendrickson

Estas últimas semanas estivemos traballando ca prensa, o primeiro que fixemos e ver os xornais e identificar aquelas cousas que podemos atopar neles: o nome do xornal, letras, imaxes...pero sobre todo noticias. 

Con motivo do día da muller traballadora nós investigamos un pouco máis a Susan Hendrickson, paleontóloga norteamericana que descubriu os fósiles do T-REX máis grande ata o momento descuberto.

Se queredes coñecer a nosa noticia teredes que esperar ao monográfico que o colexio publicará próximamente pero ata o momento aquí vos deixamos algunhas pinceladas do que fixemos.