viernes, 27 de octubre de 2017

Galletas polo Samaín

Onte fixemos un novo obradoiro de cociña. Pasámolo xenial e estas galletas estaban boísimas!!

martes, 24 de octubre de 2017

Lendo o Sol

A verdade que hoxe facía un sol tan bonito que, para conmemorar o Día internacional das Bibliotecas escolares, decidimos saír ler ao sol cos nosos afillados (e padriños).

Os nosos padriños lectores elixiron as lecturas con moito cariño (lecturas de outono, de Samaín, de medo...) e preparáronas con moitas ganas e ilusión.

domingo, 22 de octubre de 2017

Non máis lume!

Para todos nós o gran incendio que asolou a parroquia de Vincios foi un feito que marcounos e este foi a nosa maneira de expresalo

jueves, 19 de octubre de 2017

Obradoiro científico

Hoxe realizamos o noso primeiro obradoiro científico, aos pequenos encántalle xogar ca plastilina e qué mellor , que facer a nosa ca cor que elixamos.
A experiencia foi moi divertida e todos estaban moi orgullosos co resultado

Facendo pegadas

Sempre estamos pintando cas mans, pero... qué sensación teremos se empregamos os pés?
Algúns dos rapaces foron reacios a probalo pero outros pasárono xenial
(clicade na imaxe para vela en grande)

E logo de pintar e pintar, cas nosas pegadas fixemos unha árbore 






jueves, 12 de octubre de 2017

Coñecémonos un pouco máis

Esta semana comezamos cunha nova  actividade co obxectivo de coñecernos un pouquiño máis , para elo empregamos unha dinámica de TRABALLO COOPERATIVO: " A maleta". 
Durante uns días a nosa maleta irá viaxando polas diferentes casas dos nen@ da aula e nela virán pequenos tesouros que nos representen, cousas importantes de cada un de nós.
Os cativos están desexando participar
Qué nos contarán??
Irémolo averiguando ao longo dos días


lunes, 9 de octubre de 2017

Chegou o outono

Estos días ca calor, as follas secas das árbores comezaron a caer ao chan.
Sabedes o divertido que é xogar con elas e descubrir o son que fan o pisalas?
(clicade na imaxe para vela máis grande)

jueves, 5 de octubre de 2017

Obradoiro de Cociña

Hoxe realizamos o primeiro obradoiro de cociña .
Estábamos moi emocionados e tíñamos moitas ganas de poñernos mans a obra.
Pasámolo xenial, e para rematar este pequeno proxecto de contos de gatiños...elaboramos cariñas gatunas moi sabrosas.
Mmm... !!
(Clicade na imaxe para ver o video)

domingo, 1 de octubre de 2017

Os padriños lectores visitan a nosa aula por primeira vez

O pasado venres foi un día moi especial para os cativos pois os compañeiros de 3º visitáronnos cunha nova moi importante...Ían ser os nosos padriños lectores.
A partir de hoxe compartiremos moitos momentos con eles e o longo de varios anos a relación que se cree entre nós será moi importante .

Grazas por este recibimento!!