lunes, 28 de enero de 2019

Elaboramos rico Pan Pita

Os exipcios eran un moi bos artensáns e un dos traballos máis importantes era elaborar pan. Ese pan milenario chegou ata nós, e o pan pita ten moitos elementos en común, por esa razón, fixemos un rico obradoiro de cociña cos rapaces.


martes, 22 de enero de 2019

As pedras preciosas

No antigo Exipto as raíñas e os faraóns encantábanlle as pedras preciosas: rubís, zafiros, ouro... e Javier, o noso conxerse, que é todo un experto en xeoloxía, tróuxonos a súa colección de pedras e contounos moitas cousas sobre elas.
 Logo fomos ao noso patio e comezamos a buscar: atopamos moito cuarzo e outras pedras diferentes que logo de lavalas , secalas...comprobamos a luz negra se tamén eran fluorescentes.
O que máis nos gustou foi ver como cambiaban de cor ca lanterna. Gracias Javier!!


domingo, 20 de enero de 2019

Os nosos papiros

Despois de moito agardar, xa temos os nosos papiros preparados agora só queda descubrir qué escribían neles os "escribanos exipcios" e poñernos mans a obra.
Nos papiros escribían símbolos, dibuxaban a faraóns e deuxes...pero sempre de perfil, tamén escribían xeroglíficos e outros símbolos. 
Os nosos son moi divertidos e únicos


viernes, 18 de enero de 2019

Parabens Joel!

O noso compañeiro Joel xa ten 5 anos!
Que maior!!








martes, 15 de enero de 2019

Os nosos nomes en xeroglíficos

Seguimos cos exipcios, descubrimos que nos papiros ademais de ter siluetas e símbolos tamén escribían cousas cunha escritura un pouco diferente ás nosas. Pouco a pouco fomos descubrindo a concordanza das letras do noso nome e os símbolos exipcios: pintamos, xogamos e construimos os nosos nomes de diferentes maneiras!













martes, 8 de enero de 2019

As novidades logo do Nadal

Papá Noel e os Reis Magos deixáronnos uns regaliños na nosa árbore de Nadal.
Un tren de madeira, puzzle, xogos de cartas, legos.. temos unha morea de traballo: xogar con eles, coñecer as súas regrass, experimentar...