viernes, 24 de mayo de 2019

Eleccións

Hoxe na asamblea xurdiu o tema das eleccións. E entre todos fixémonos unha idea do que era "votar" pero... o certo é que o significado deste acto tan importante é vivilo en primeira persoa, polo que montamos unhas votacións
- Creamos a mesa electoral
- Cubrimos as nosas papeletas
- Dimos mitins a favor das dúas opcións
- Buscamos o nosos identificativo ou DNI
- Facemos cola por votar
- Realizamos o renconto
-Somos consecuentes ca decisión da maioría


jueves, 23 de mayo de 2019

Paraben Nico

Esta semana Nico festexou con nós o seu aniversario con un conto marabilloso "Nadarín"

domingo, 19 de mayo de 2019

As sombras

Estes días de sol aproveitamos para descubrir a nosa sombra e a dos obxectos, xogamos  ao pilla pilla, fixemos debuxos, descubrimos cal era a sombra máis grande e fixemos hipóteses sobre elo.
Xogando pódense coñecer numerosos conceptos matemáticos.













Traballando cos elementos do entorno

Estamos de cheo na primavera e con ela as flores e calquera elemento do noso patio é foco de atención dos cativos, polo que fixemos unha recolecta e agora traballamos letras, números, arte...




Cartas polo día da familia

Nestes últimos días foron chegando as casas unhas cartas moi especiais. 
Os pequenos estiveron moi ilusionados e vivenciando o proceso, foron conscientes de todo o que precisan para enviar unha carta por correo: o que precisamos, o que temos que escribir no sobre, a función dos carteiros, os números das nosas vivendas.. 
Aproveitando que temos un buzón preto do cole fixemos unha pequena viaxe, gozando do bo tempo e do entorno no que vivimos




miércoles, 15 de mayo de 2019

Os osiños


Antes da actuación tivemos que prepararnos moito! E aínda que o martes Yago non puido tamén traballou moito ao longo dos días


martes, 14 de mayo de 2019

Letras Galegas

Hoxe realizamos unha gran actuación, pasámolo xenial!
Aquí vos deixamos o video e máis abaixo deixámosvos o conto que os nenos de 4 anos crearon e os seus padriños lectores axudáronnos a grabalo.



domingo, 12 de mayo de 2019

Na horta

Estos días estivemos traballando moito na horta, replantamos colinabos, regamos os nosos chícharos...




Parabens Alejandro

O pasado mércores Alejandro estivo de cumpleanos, o seoria de u pai e a súa madriña acompañáronnos e pasamos un rato moi agradable con eles.
Grazas por vir e contarnos a historia de " Salvaje" gustounos moito

miércoles, 1 de mayo de 2019

Día do libro

O pasado 23 de abril celebramos o "Día do Libro, para conmemorar esta data tan importante tivemos varias actividades: un marabilloso contacontos de " Daniela Pirata" realizado por Carla da librería Donde viven los cuentos, elaboramos uns monicreques de piratas, colgamos reseñas dos contos que máis nos gustan polo patio ...

Para ver o video clicade na imaxe

Resultado de imagen de día do libro

Parabens Lidia

A pasada semana festexamos o aniversario de Lidia. Aínda que durante a Semana Santa cumpriu 5 anos, ela máis a súa nai obsequiáronos cun contacontos moi doce.