miércoles, 28 de noviembre de 2018

Nubes de azúcar e choripáns

Hoxe Paula e a súa nai ensináronnos a facer ricas nubes de fresa e un rico bocata de choruizo.
Clicade na imaxen para velo video

lunes, 26 de noviembre de 2018

O templo exipcio

O xoves da semana pasada os rapaces atopáronse cunha sorpresa na aula
Quen se atreve a cruzar a porta?
Que son esos símbolos?
Alguén nos axuda?


25 de Novembro

Porque nesta vida debemos deixar de lado  a violencia

domingo, 25 de noviembre de 2018

Traballamos os medios de transporte

Este ano o tema do curso invítanos a viaxar e para facelo deberemos empregar diferentes medios de transporte. Este traballo foi realmente minuciuso e entre todos elaboramos un precioso collage onde os nosos pequenos incluíronse dunha maneira divertida.











jueves, 15 de noviembre de 2018

As pirámides exipcias

Seguimos coñecendo cousas do continente africano, e como encántanos Exipto, esta semana construímos unha doce pirámide exipcia.

Ollo , facela tridimensional é moi difícil pero fixérono xenial traballando en equipo.

martes, 6 de noviembre de 2018

As pirámides

Obradoiro de Exipto

Ca chegada do Samaín estivemos descubrindo cousas sobre África relacionadas con esta época, e algo moi interesante que limos foi que na antigüedade, en Exipto, momificaban aos faraóns e metíanos en sarcófagos. 

Nós fixemos unha gran momia na nosa porta, que non da medo, e comezamos a investigar cousas sobre esta cultira, e como sabedes que somos moi lambóns, hoxe tocou obradoiro de cociña.




viernes, 2 de noviembre de 2018

Samaín 2018

Estas últimas semanas pasámolo xenial co Samaín e tódalas cousas de medo, aquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o que fixemos