domingo, 29 de abril de 2018

Contacontos dos "Tres porquiños"

O pasado venres os pais de Yoel viñeron a aula a compartir un ratiño con nós. Fixéronnos un contacontos e logo participamos todos nun pequeno obradoiro de cociña. Os nenos estiveron moi ledos e agardamos que pronto volvades a aula.


miércoles, 25 de abril de 2018

O tesouro de Rande

Fai uns días fomos de excursión a Rande e descubrimos que alí nas súas augas hai moitos barcos afundidos logo dunha dura batalla na que os ingleses pensaban que un tesouro estaba agochado na nosa ría.
Nós atopámolo e agora xogamos con el no recuncho dos números.

lunes, 23 de abril de 2018

O día do libro

jueves, 19 de abril de 2018

Plantamos leitugas

O pasado xoves os padriños axudáronnos a plantar unhas leitugas e uns chícharos.
Estamos desexando velos crecer





miércoles, 18 de abril de 2018

Xa floreceron os nosos tomates

Con moito agarimo e atención xa floreceron as nosas primeiras sementes


Experimento: Chegan as Bolboretas

Xa levamos unhas semanas ca Primavera, as bolboretas e as flores comezámolas a ver e se non podemos saír fora chegarán a aula

lunes, 16 de abril de 2018

Parabens Lidia!!

Hoxe Lidia cumpriu 4 anos, como sempre, poñémonos moi ledos de festexar estes pequenos grandes momentos e para que compartilo con nós , a súa nai Miriam fíxonos dous contacontos marabillosos.
Grazas pola túa visita


 Agora toca pintar para poder contar o seguinte conto!!




viernes, 13 de abril de 2018

O recanto de números

Estos días os cativos estiveron traballando no recanto de números a serie numérica e as cantidades, aquí vos deixamos algunhas das actividades: conteo cos nenos pelóns, recoñecemos a cantidade coa tablet,...Alguén coñece algún xogo que nos queirades ensinar?







domingo, 8 de abril de 2018

Sementes

A primavera é un bo momento para comezar a sementar cousas na nosa hortiña e o primeiro que precisamos saber é cómo o temos que facer.
Como estos días chove tanto e non ten vistas de que amaine, fixemos uns poucos semilleiros de tomates na clase.
 Agora só precisamos que crezan un pouquiño para plantalo no horto.

Se queredes ver máis fotiños clicade na imaxe 


Globos poéticos

O pasado xoves festexamos o día da poesía cunha chuvia de globos cheos de poemas. 
Nós aínda non sabemos ler pero coa axuda dos padriños podemos descubrir as verbas tan fermosas que estaban agochadas nos globos.

Fotos do momento de lectura de poemas polos nenos do colexio





Se queredes ver algunha foto máis clicade aquí

viernes, 6 de abril de 2018

A festa da Mosca Chosca

Hoxe Lidia trouxo unha camiseta , encántanlle ensinar a súa roupa, e claro tratávase da raposa que aparece no conto da "Mosca Chosca"; con tal motivo ,contámola historia desta Mosca  e logo pasámolo xenial na festa de inauguración da súa casa. 
Esta vez non apareceu o Oso.












jueves, 5 de abril de 2018

Obradoiro de cociña