viernes, 20 de diciembre de 2019

Bo Nadal

Aquí remata o trimestre e desexámosvos un 
Bo Nadal!


Festival de Nadal 2019

Hoxe foi o último día de cole e como tódolos anos tivemos un festival de panxoliñas no que participamos e tamén visitounos Papá Noel.
Estávamos moi emocionados e encantounos deixarlle as nosas cartas e recibir un pequeno agasallo por portanos tan ben.


Todos temos 5 anos!

Hoxe a nosa compañeira Mara está de aniversario, xa ten 5 anos.
Noraboa!!





Recunchos na aula polo Nadal!


Durante estas últimas semanas os nosos recunhos estiveron cheos de actividades relacionadas co Nadal e que habería nun circo de nadal se o creásemos: animais, roupa, decoración... foron moitas as ideas que levamos a cabo 

miércoles, 18 de diciembre de 2019

Apadriñamento lector: vamos a cociña polo nadal

Onte os padriños e afillados de 5 anos e 5º EP realizamos unha actividade onde mesturamos a música e a cociña.
Primeiro tivemos que escoitar un fragmento da obra de Tchaikouscky e pensar que podía representar e que fora acorde ca época na que nos atopamos 




Logo de pensar os pasos a seguir fomos a cociña e puxémonos mans a obra

Mmm que rico!

martes, 12 de noviembre de 2019

A carpa do circo

Xa temos a aula decorada como un gran circo!

E para poder ammosar unha porta tan chula realizamos varias actividades: pintar, recortar, deseñar...

domingo, 10 de noviembre de 2019

Iniciamos o proxecto

Últimamente no patio os pequenos non paran de facer acrobacias nos columpios do parque, polo que decidimos iniciar un proxecto sobre o circo, e como nos espectáculos a música é un elemento moi importante, vamos a traballar durante unha temporada este tema

viernes, 8 de noviembre de 2019

Inauguramos a Biblioteca Creativa

Coa axuda dos nosos padriños descubrimos un novo espazo do centro

domingo, 3 de noviembre de 2019

Traballamos cas cabazas

Durante o verán foi crecendo na horta da escola unha fermosa cabaza que plantamos o curso pasado, esta semana , con motivo da celebración do samaín, empregámola para realizar diferentes actividades con ela.

miércoles, 30 de octubre de 2019

30 de Outubro

Hoxe festexamos o día de Samaín , mirade que terroríficos estábamos.

miércoles, 23 de octubre de 2019

Actividades que xorden logo da vendima

A semana pasada festexamos a vendima no cole. Collemos uvas, debullamos, pisamos e colamos o zume pero a partir deste eixe realizamos máis actividades: debuxamos, traballamos lóxica matemática contando os bagos,facendo brochetas...
Aquí vos deixamos algunha fotiño destes días


Brocheta 5 anos
Zona de los archivos adjuntos

martes, 15 de octubre de 2019

O outono

A nova estación chegou e con ela receitas, xogos e moitas cousas máis foron aparecendo na aula
Recuncho de experimentación de elemento do outono

Acercamento a lectoescritura con froitas do outono

O arte tamén apareceu esta semana


Traballamos a cantidade no recuncho de lóxica
E na cociña ricas pastas de marmelo e avelás

Día especial

A pasada semana tivemos unha visita especial da irmá de Noa. Lía viu  a ler un conto para festexar un día especial para Noa que estivo de aniversario durante as vacacións do verán.



jueves, 3 de octubre de 2019

Primeiros días do novo curso


lunes, 30 de septiembre de 2019

Curso 2019-20

Xa comezamos un novo curso, este será un ano moi especial, porque será o noso último ano en infantil e onde descubriremos moitísimas cousas que ata o momento pasaban desapercibidas. Alegrías, tristezas, enfados, pelexas, abrazos e perdóns serán a sintonía desta idade que agardemos pasemos o mellor posible.
Bo comezo de curso!




viernes, 21 de junio de 2019

Último día do curso 2018-19

Hoxe foi o último día do curso, estivo cheo de sorrisos, emocións, aventuras e moitas ganas de pasalo ben o último ratiño cos nosos amigos antes das vacacións!
Boas vacacións a todos

Maira

Este curso Maira déixanos e este é un pequeno agasallo que lle queremos facer.

miércoles, 19 de junio de 2019

Día especial

Case todos os nenos da aula teñen 5 anos, pero hai algúns deles que durante o verán estarán de aniversario, polo que para festexalo fixemos un día especial, hoxe tocou experimento.

Grazas por compartilo con nós: Paula, Yago e Celia


lunes, 10 de junio de 2019

Alicia xa ten 5 anos!

O domingo 9 a nosa compañeira Alicia estivo de aniversario e , para festexalo no cole viñeron a visitarnos Roberto e Maruxa. 
Mmm que boa estaba a tarta!
Parabens Ali



viernes, 24 de mayo de 2019

Eleccións

Hoxe na asamblea xurdiu o tema das eleccións. E entre todos fixémonos unha idea do que era "votar" pero... o certo é que o significado deste acto tan importante é vivilo en primeira persoa, polo que montamos unhas votacións
- Creamos a mesa electoral
- Cubrimos as nosas papeletas
- Dimos mitins a favor das dúas opcións
- Buscamos o nosos identificativo ou DNI
- Facemos cola por votar
- Realizamos o renconto
-Somos consecuentes ca decisión da maioría


jueves, 23 de mayo de 2019

Paraben Nico

Esta semana Nico festexou con nós o seu aniversario con un conto marabilloso "Nadarín"

domingo, 19 de mayo de 2019

As sombras

Estes días de sol aproveitamos para descubrir a nosa sombra e a dos obxectos, xogamos  ao pilla pilla, fixemos debuxos, descubrimos cal era a sombra máis grande e fixemos hipóteses sobre elo.
Xogando pódense coñecer numerosos conceptos matemáticos.













Traballando cos elementos do entorno

Estamos de cheo na primavera e con ela as flores e calquera elemento do noso patio é foco de atención dos cativos, polo que fixemos unha recolecta e agora traballamos letras, números, arte...




Cartas polo día da familia

Nestes últimos días foron chegando as casas unhas cartas moi especiais. 
Os pequenos estiveron moi ilusionados e vivenciando o proceso, foron conscientes de todo o que precisan para enviar unha carta por correo: o que precisamos, o que temos que escribir no sobre, a función dos carteiros, os números das nosas vivendas.. 
Aproveitando que temos un buzón preto do cole fixemos unha pequena viaxe, gozando do bo tempo e do entorno no que vivimos




miércoles, 15 de mayo de 2019

Os osiños


Antes da actuación tivemos que prepararnos moito! E aínda que o martes Yago non puido tamén traballou moito ao longo dos días


martes, 14 de mayo de 2019

Letras Galegas

Hoxe realizamos unha gran actuación, pasámolo xenial!
Aquí vos deixamos o video e máis abaixo deixámosvos o conto que os nenos de 4 anos crearon e os seus padriños lectores axudáronnos a grabalo.



domingo, 12 de mayo de 2019

Na horta

Estos días estivemos traballando moito na horta, replantamos colinabos, regamos os nosos chícharos...




Parabens Alejandro

O pasado mércores Alejandro estivo de cumpleanos, o seoria de u pai e a súa madriña acompañáronnos e pasamos un rato moi agradable con eles.
Grazas por vir e contarnos a historia de " Salvaje" gustounos moito

miércoles, 1 de mayo de 2019

Día do libro

O pasado 23 de abril celebramos o "Día do Libro, para conmemorar esta data tan importante tivemos varias actividades: un marabilloso contacontos de " Daniela Pirata" realizado por Carla da librería Donde viven los cuentos, elaboramos uns monicreques de piratas, colgamos reseñas dos contos que máis nos gustan polo patio ...

Para ver o video clicade na imaxe

Resultado de imagen de día do libro

Parabens Lidia

A pasada semana festexamos o aniversario de Lidia. Aínda que durante a Semana Santa cumpriu 5 anos, ela máis a súa nai obsequiáronos cun contacontos moi doce.




viernes, 12 de abril de 2019

Os ovos de pascua

Cando os pequerrechos viron que no calendario aparecía unha cesta con ovos, non o relacionaron cas vacacións senón ca búsqueda que fixemos polo cole o ano pasado, e foime imposible non volvela a realizar, porque a emoción que experimentan con este tipo de actividades de exploración e búsqueda é única
Este ano foi un pouco máis complicada pero...souberon localizar tódolos ovos e pasalo xenial

Actividades de final de trimestre

Durante estas semanas foron moitas as actividades que fomos realizando : fixemos crecepelos, plantamos na horta, os padriños regaláronnos uns ovos moi chulos, fixemos poliños de pompóns,estivemos preparando o video da exposición...