Onte fixemos un novo obradoiro de cociña. Pasámolo xenial e estas galletas estaban boísimas!!
viernes, 27 de octubre de 2017
martes, 24 de octubre de 2017
Lendo o Sol
A verdade que hoxe facía un sol tan bonito que, para conmemorar o Día internacional das Bibliotecas escolares, decidimos saír ler ao sol cos nosos afillados (e padriños).
Os nosos padriños lectores elixiron as lecturas con moito cariño (lecturas de outono, de Samaín, de medo...) e preparáronas con moitas ganas e ilusión.
Etiquetas:
curso 2017
domingo, 22 de octubre de 2017
Non máis lume!
Para todos nós o gran incendio que asolou a parroquia de Vincios foi un feito que marcounos e este foi a nosa maneira de expresalo
jueves, 19 de octubre de 2017
Obradoiro científico
Hoxe realizamos o noso primeiro obradoiro científico, aos pequenos encántalle xogar ca plastilina e qué mellor , que facer a nosa ca cor que elixamos.
A experiencia foi moi divertida e todos estaban moi orgullosos co resultado
Etiquetas:
curso 2017
jueves, 12 de octubre de 2017
Coñecémonos un pouco máis
Esta semana comezamos cunha nova actividade co obxectivo de coñecernos un pouquiño máis , para elo empregamos unha dinámica de TRABALLO COOPERATIVO: " A maleta".
Durante uns días a nosa maleta irá viaxando polas diferentes casas dos nen@ da aula e nela virán pequenos tesouros que nos representen, cousas importantes de cada un de nós.
Os cativos están desexando participar
Qué nos contarán??
Irémolo averiguando ao longo dos días
Etiquetas:
curso 2017,
Traballo Cooperativo
lunes, 9 de octubre de 2017
jueves, 5 de octubre de 2017
domingo, 1 de octubre de 2017
Os padriños lectores visitan a nosa aula por primeira vez
O pasado venres foi un día moi especial para os cativos pois os compañeiros de 3º visitáronnos cunha nova moi importante...Ían ser os nosos padriños lectores.
A partir de hoxe compartiremos moitos momentos con eles e o longo de varios anos a relación que se cree entre nós será moi importante .
Grazas por este recibimento!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)