Mostrando entradas con la etiqueta curso 2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2018. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de junio de 2019

Último día do curso 2018-19

Hoxe foi o último día do curso, estivo cheo de sorrisos, emocións, aventuras e moitas ganas de pasalo ben o último ratiño cos nosos amigos antes das vacacións!
Boas vacacións a todos

Maira

Este curso Maira déixanos e este é un pequeno agasallo que lle queremos facer.

miércoles, 19 de junio de 2019

Día especial

Case todos os nenos da aula teñen 5 anos, pero hai algúns deles que durante o verán estarán de aniversario, polo que para festexalo fixemos un día especial, hoxe tocou experimento.

Grazas por compartilo con nós: Paula, Yago e Celia


lunes, 10 de junio de 2019

Alicia xa ten 5 anos!

O domingo 9 a nosa compañeira Alicia estivo de aniversario e , para festexalo no cole viñeron a visitarnos Roberto e Maruxa. 
Mmm que boa estaba a tarta!
Parabens Ali



viernes, 24 de mayo de 2019

Eleccións

Hoxe na asamblea xurdiu o tema das eleccións. E entre todos fixémonos unha idea do que era "votar" pero... o certo é que o significado deste acto tan importante é vivilo en primeira persoa, polo que montamos unhas votacións
- Creamos a mesa electoral
- Cubrimos as nosas papeletas
- Dimos mitins a favor das dúas opcións
- Buscamos o nosos identificativo ou DNI
- Facemos cola por votar
- Realizamos o renconto
-Somos consecuentes ca decisión da maioría


jueves, 23 de mayo de 2019

Paraben Nico

Esta semana Nico festexou con nós o seu aniversario con un conto marabilloso "Nadarín"

domingo, 19 de mayo de 2019

As sombras

Estes días de sol aproveitamos para descubrir a nosa sombra e a dos obxectos, xogamos  ao pilla pilla, fixemos debuxos, descubrimos cal era a sombra máis grande e fixemos hipóteses sobre elo.
Xogando pódense coñecer numerosos conceptos matemáticos.













Traballando cos elementos do entorno

Estamos de cheo na primavera e con ela as flores e calquera elemento do noso patio é foco de atención dos cativos, polo que fixemos unha recolecta e agora traballamos letras, números, arte...




Cartas polo día da familia

Nestes últimos días foron chegando as casas unhas cartas moi especiais. 
Os pequenos estiveron moi ilusionados e vivenciando o proceso, foron conscientes de todo o que precisan para enviar unha carta por correo: o que precisamos, o que temos que escribir no sobre, a función dos carteiros, os números das nosas vivendas.. 
Aproveitando que temos un buzón preto do cole fixemos unha pequena viaxe, gozando do bo tempo e do entorno no que vivimos




miércoles, 15 de mayo de 2019

Os osiños


Antes da actuación tivemos que prepararnos moito! E aínda que o martes Yago non puido tamén traballou moito ao longo dos días


martes, 14 de mayo de 2019

Letras Galegas

Hoxe realizamos unha gran actuación, pasámolo xenial!
Aquí vos deixamos o video e máis abaixo deixámosvos o conto que os nenos de 4 anos crearon e os seus padriños lectores axudáronnos a grabalo.



domingo, 12 de mayo de 2019

Na horta

Estos días estivemos traballando moito na horta, replantamos colinabos, regamos os nosos chícharos...




Parabens Alejandro

O pasado mércores Alejandro estivo de cumpleanos, o seoria de u pai e a súa madriña acompañáronnos e pasamos un rato moi agradable con eles.
Grazas por vir e contarnos a historia de " Salvaje" gustounos moito

miércoles, 1 de mayo de 2019

Día do libro

O pasado 23 de abril celebramos o "Día do Libro, para conmemorar esta data tan importante tivemos varias actividades: un marabilloso contacontos de " Daniela Pirata" realizado por Carla da librería Donde viven los cuentos, elaboramos uns monicreques de piratas, colgamos reseñas dos contos que máis nos gustan polo patio ...

Para ver o video clicade na imaxe

Resultado de imagen de día do libro

Parabens Lidia

A pasada semana festexamos o aniversario de Lidia. Aínda que durante a Semana Santa cumpriu 5 anos, ela máis a súa nai obsequiáronos cun contacontos moi doce.




viernes, 12 de abril de 2019

Os ovos de pascua

Cando os pequerrechos viron que no calendario aparecía unha cesta con ovos, non o relacionaron cas vacacións senón ca búsqueda que fixemos polo cole o ano pasado, e foime imposible non volvela a realizar, porque a emoción que experimentan con este tipo de actividades de exploración e búsqueda é única
Este ano foi un pouco máis complicada pero...souberon localizar tódolos ovos e pasalo xenial

Actividades de final de trimestre

Durante estas semanas foron moitas as actividades que fomos realizando : fixemos crecepelos, plantamos na horta, os padriños regaláronnos uns ovos moi chulos, fixemos poliños de pompóns,estivemos preparando o video da exposición...











jueves, 11 de abril de 2019

Contacuentos " Adivina cuanto te quiero"


Esta semana a profe Anita fixo un contacontos para os alumnos de 4 anos e 4º " Adivina Cuanto te quiero" a través del elaboramos unha rica receita de cociña na que padriños e afillados lectores deixaron libre a súa imaxinación e seguiron os pasos que lle decía a receita.
Mmm que ricos saíron estes coelliños



jueves, 28 de marzo de 2019

O rei da Sabana

Esta semana foi curta, pero aínda así intenta

viernes, 15 de marzo de 2019

Ilie, Maira e Xoel

Esta semana estiveron 3 dos nosos peques de cumpleanos. Bailamos, cantamos e montamos un fermosos avións, qué maís podemos pedir?
Clicade na imaxe para ver o vídeo