jueves, 21 de abril de 2022

Semana da poesía

Os nenos de 3 anos , na semana da poesía, traballamos a poesía do Moucho de Rosalía de Castro e  durante o recital, os nosos padriños lectores homenaxeáronnos cunhas poesías moi lindas.


miércoles, 20 de abril de 2022

Eco percusión 3 anos

Hoxe tivemos unha sesión de percusión moi divertida na que aprendimos que con diferentes materiais do día a día podemos facer música

viernes, 8 de abril de 2022

Exposición EI

Unha vez ao curso, cada aula ou ciclo prepara con moito cariño unha exposición para ensinarlles as cousas que estiveron traballando durante o ano a tódolos nenos do cole. Este ano o traballo feito polas tres aulas de Educación Infantil foi un conto moi especial. Agardamos que vos guste


jueves, 7 de abril de 2022

Merendola pirata

Timóns, piratas, limonada e bombas de cañón... que ricos manxares piratas!

Os padriños lectores de 3 anos

 Tódolos cursos o momento de descubrir os nosos padriños lectores é moi emocionante.. A partir do conto " A buscar" descubrimos que cando estamos con outra xente e compartimos cousas con eles sentímonos mellor.

Seguro que con estes novos compañeiros viviremos experiencias únicas.


miércoles, 6 de abril de 2022

Chegan os coellos de Pascua ao cole

Esta mañá chegou a aula unha caixa misterioxa e un sobre... pasámolo xenial indagando que tíñamos que facer e o final atopamos algo que nos gustou moito