viernes, 20 de diciembre de 2019
Festival de Nadal 2019
Hoxe foi o último día de cole e como tódolos anos tivemos un festival de panxoliñas no que participamos e tamén visitounos Papá Noel.
Estávamos moi emocionados e encantounos deixarlle as nosas cartas e recibir un pequeno agasallo por portanos tan ben.
Recunchos na aula polo Nadal!
Etiquetas:
curso 2019
miércoles, 18 de diciembre de 2019
Apadriñamento lector: vamos a cociña polo nadal
Onte os padriños e afillados de 5 anos e 5º EP realizamos unha actividade onde mesturamos a música e a cociña.
Primeiro tivemos que escoitar un fragmento da obra de Tchaikouscky e pensar que podía representar e que fora acorde ca época na que nos atopamos
Logo de pensar os pasos a seguir fomos a cociña e puxémonos mans a obra
Primeiro tivemos que escoitar un fragmento da obra de Tchaikouscky e pensar que podía representar e que fora acorde ca época na que nos atopamos
Logo de pensar os pasos a seguir fomos a cociña e puxémonos mans a obra
Mmm que rico!
Etiquetas:
curso 2019
martes, 12 de noviembre de 2019
domingo, 10 de noviembre de 2019
Iniciamos o proxecto
Últimamente no patio os pequenos non paran de facer acrobacias nos columpios do parque, polo que decidimos iniciar un proxecto sobre o circo, e como nos espectáculos a música é un elemento moi importante, vamos a traballar durante unha temporada este tema
Etiquetas:
curso 2019
viernes, 8 de noviembre de 2019
Inauguramos a Biblioteca Creativa
Coa axuda dos nosos padriños descubrimos un novo espazo do centro
Etiquetas:
curso 2019
domingo, 3 de noviembre de 2019
Traballamos cas cabazas
Durante o verán foi crecendo na horta da escola unha fermosa cabaza que plantamos o curso pasado, esta semana , con motivo da celebración do samaín, empregámola para realizar diferentes actividades con ela.
Etiquetas:
curso 2019
miércoles, 30 de octubre de 2019
miércoles, 23 de octubre de 2019
Actividades que xorden logo da vendima
A semana pasada festexamos a vendima no cole. Collemos uvas, debullamos, pisamos e colamos o zume pero a partir deste eixe realizamos máis actividades: debuxamos, traballamos lóxica matemática contando os bagos,facendo brochetas...
Aquí vos deixamos algunha fotiño destes días
Etiquetas:
5 años,
curso 2019
martes, 15 de octubre de 2019
O outono
A nova estación chegou e con ela receitas, xogos e moitas cousas máis foron aparecendo na aula
E na cociña ricas pastas de marmelo e avelás
Recuncho de experimentación de elemento do outono |
Acercamento a lectoescritura con froitas do outono |
O arte tamén apareceu esta semana |
Traballamos a cantidade no recuncho de lóxica |
Etiquetas:
5 años,
curso 2019
jueves, 3 de octubre de 2019
lunes, 30 de septiembre de 2019
Curso 2019-20
Xa comezamos un novo curso, este será un ano moi especial, porque será o noso último ano en infantil e onde descubriremos moitísimas cousas que ata o momento pasaban desapercibidas. Alegrías, tristezas, enfados, pelexas, abrazos e perdóns serán a sintonía desta idade que agardemos pasemos o mellor posible.
Bo comezo de curso!
Etiquetas:
5 años
viernes, 21 de junio de 2019
Último día do curso 2018-19
Hoxe foi o último día do curso, estivo cheo de sorrisos, emocións, aventuras e moitas ganas de pasalo ben o último ratiño cos nosos amigos antes das vacacións!
Boas vacacións a todos
Etiquetas:
curso 2018
Maira
Este curso Maira déixanos e este é un pequeno agasallo que lle queremos facer.
Etiquetas:
curso 2018
miércoles, 19 de junio de 2019
Día especial
Case todos os nenos da aula teñen 5 anos, pero hai algúns deles que durante o verán estarán de aniversario, polo que para festexalo fixemos un día especial, hoxe tocou experimento.
Grazas por compartilo con nós: Paula, Yago e Celia
Grazas por compartilo con nós: Paula, Yago e Celia
Etiquetas:
curso 2018
lunes, 10 de junio de 2019
viernes, 24 de mayo de 2019
Eleccións
Hoxe na asamblea xurdiu o tema das eleccións. E entre todos fixémonos unha idea do que era "votar" pero... o certo é que o significado deste acto tan importante é vivilo en primeira persoa, polo que montamos unhas votacións
- Creamos a mesa electoral
- Cubrimos as nosas papeletas
- Dimos mitins a favor das dúas opcións
- Buscamos o nosos identificativo ou DNI
- Facemos cola por votar
- Realizamos o renconto
-Somos consecuentes ca decisión da maioría
Etiquetas:
curso 2018
jueves, 23 de mayo de 2019
Paraben Nico
Esta semana Nico festexou con nós o seu aniversario con un conto marabilloso "Nadarín"
Etiquetas:
curso 2018
domingo, 19 de mayo de 2019
Cartas polo día da familia
Nestes últimos días foron chegando as casas unhas cartas moi especiais.
Os pequenos estiveron moi ilusionados e vivenciando o proceso, foron conscientes de todo o que precisan para enviar unha carta por correo: o que precisamos, o que temos que escribir no sobre, a función dos carteiros, os números das nosas vivendas..
Aproveitando que temos un buzón preto do cole fixemos unha pequena viaxe, gozando do bo tempo e do entorno no que vivimos
Etiquetas:
curso 2018
miércoles, 15 de mayo de 2019
Os osiños
Antes da actuación tivemos que prepararnos moito! E aínda que o martes Yago non puido tamén traballou moito ao longo dos días
Etiquetas:
curso 2018
martes, 14 de mayo de 2019
Letras Galegas
Hoxe realizamos unha gran actuación, pasámolo xenial!
Aquí vos deixamos o video e máis abaixo deixámosvos o conto que os nenos de 4 anos crearon e os seus padriños lectores axudáronnos a grabalo.
Aquí vos deixamos o video e máis abaixo deixámosvos o conto que os nenos de 4 anos crearon e os seus padriños lectores axudáronnos a grabalo.
Etiquetas:
curso 2018
domingo, 12 de mayo de 2019
Parabens Alejandro
O pasado mércores Alejandro estivo de cumpleanos, o seoria de u pai e a súa madriña acompañáronnos e pasamos un rato moi agradable con eles.
Grazas por vir e contarnos a historia de " Salvaje" gustounos moito
Grazas por vir e contarnos a historia de " Salvaje" gustounos moito
Etiquetas:
curso 2018
miércoles, 1 de mayo de 2019
Día do libro
O pasado 23 de abril celebramos o "Día do Libro, para conmemorar esta data tan importante tivemos varias actividades: un marabilloso contacontos de " Daniela Pirata" realizado por Carla da librería Donde viven los cuentos, elaboramos uns monicreques de piratas, colgamos reseñas dos contos que máis nos gustan polo patio ...
Para ver o video clicade na imaxe
Para ver o video clicade na imaxe
Etiquetas:
curso 2018
viernes, 12 de abril de 2019
Os ovos de pascua
Cando os pequerrechos viron que no calendario aparecía unha cesta con ovos, non o relacionaron cas vacacións senón ca búsqueda que fixemos polo cole o ano pasado, e foime imposible non volvela a realizar, porque a emoción que experimentan con este tipo de actividades de exploración e búsqueda é única
Este ano foi un pouco máis complicada pero...souberon localizar tódolos ovos e pasalo xenial
Etiquetas:
curso 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)