Aquí vos deixamos a nosa exposición sobre o planeta Terra
viernes, 31 de marzo de 2023
Actividades para preparar a chegada das vacacións de Pascua
Os nenos teñen moitas ganas de vacacións, e están ilusionados de ter tempo de lecer e a aula empeza a palparse o ambiente festivo. Mirade cantas cousas fixemos durante estes días
Etiquetas:
curso 2022
Buscando os ovos de Pascua
Xa imos a dar comezo as vacacións de Pascua pero antes de irnos temos un encargo. Un coelliño moi xoguetón desperdigou as nosas macetas polo cole. Mirade a que montamos.
Etiquetas:
Curso 2022-23
Un pouquiño de exercicio
O pasado 30 de marzo as chicas do Real Club Celta de Vigo de baloncesto fixeron unha visita ao centro para poñer en práctica as nosas habilidades motrices.
Qué ben o pasamos!!
Etiquetas:
curso 2022
lunes, 27 de marzo de 2023
Instalación do mar
Este trimestre estivemos investigando sobre o mar: ecosistemas mariños, animais mariños...a contaminación...
Unha das actividades realizadas foi unha instalación onde os nenos de infantil pasaron para descubrir cousiñas deste medio a través do asombro e a creatividade.
martes, 21 de marzo de 2023
Semana da poesía en 4 anos
Este ano, o equipo de biblioteca animounos a participar nun recital de poesía, e a nós que nos gusta moito a troula comezamos a realizar diferentes propostas creativas para ir memorizando pequenas estrofas
miércoles, 15 de marzo de 2023
Os volcáns submarinos
O 15 de Marzo estivo de aniversario a nosa compañeira Mía e para facer algo especial na aula viu acompañada do seu irmán e contáronnos moitas cousas interesantes dos volcáns, e deixounos impresionados co dato de que no mar tamén hai volcáns.
Animádesvos a facer o experimento dos volcán s en casa?
miércoles, 8 de marzo de 2023
Celebración 8M
Con motivo da celebración do 8 de Marzo o concello de Gondomar brindounos cunha actuación dun paiaso que intentaba recoller a súa casa dunha maneira moi peculiar.
martes, 7 de marzo de 2023
Suscribirse a:
Entradas (Atom)