viernes, 21 de diciembre de 2018

Visita de Papá Noel

O último día de trimestre visitounos Papá Noel e fíxonos moita ilusión, este ano xa non lle tivemos medo e ata falamos con el!

Bo Nadal!

Chegamos ao Nadal , tempo de lecer e soñar.
E a nosa aula deséxavos 
Bo Nadal!


jueves, 20 de diciembre de 2018

Todos temos 4 anos

Hoxe festexamos o último cumpleanos deste ano. Mara cumpriu 4 anos e a súa nai Elena acompañounos nun obradoiro de manualidades de nadal.
Que ben o pasamos e que cousiñas tan fermosas fixemos

Actividades polo Nadal

Durante este mes os nosos recunchos estiveron cheos de propostas para traballar o nadal e a través delas tratar a lóxica-matemática, lectoescritura, grafo, arte e creatividade...
Aquí vos deixamos unha pequena mostra


Elaboramos papiros

O pasado luns, Nico descubriu na súa casa un papiro, unha reliquia do antigüo Exipto, e el máis o seu pai quiseron compartir cousas sobre eles con nós:

- Como se elaboraran?
- Para que serve?
- Que escribían nel?...

Logo intentámos elaborar uns manuais, a ver qué acontecerá, logo duns días veremos os resultados

Grazas por compartir estes pequenos momentos con nós
Para velo video clicade na imaxe

lunes, 17 de diciembre de 2018

Un "car" de carreiras

Fai uns días, un alumno de 5 anos estivo de cumpleanos e trouxo un coche de carreiras. Encantounos e puidémonos montar nel.

Clicade aqui para poder ver qué pequerrechos somos dentro del