martes, 21 de diciembre de 2021
jueves, 9 de diciembre de 2021
Adornos de Nadal
Este ano o cole participou co concello para decorar diferentes árbores de nadal .
O noso está ubicado no local da Policía Local e decorámolo con moito cariño.
Esperamos que vos guste!
Elmer
viernes, 26 de noviembre de 2021
25: "Día da non violencia"
Onte fixemos un bonito contacontos cos nosos compañeiros de 4 e 5 anos.
MARUXA... foi un gran decubrimento e con ela chegou a receita de pan á aula.
Qué rico agasallo levaron os peques.
jueves, 25 de noviembre de 2021
Coñecemos a aula de música
Hoxe foi un día moi especial, fomos de excursión polo cole e chegamos a unha nova aula que nos encantou...a aula de música
Contacontos de Maruxa
O pasado 25 de novembro realizamos un contacontos para conmemorar o día da non violencia.
A actividade que realizamos con todo infantil podédela ver no seguinte link que vos dirixe o blogue do ciclo
https://infantilvincios.blogspot.com/2021/11/25-n-contacontos-maruxa.html
lunes, 22 de noviembre de 2021
20 N: Día dos dereitos do neno
A pasada semana estivemos traballando entorno o conto " Soy pequeñito", e o venres acudimos a biblioteca para escoitar este contacontos polo "Día internacional dos dereitos dos nenos".
Foi unha xornada diferente e especial, se queredes ver o ben que o pasamos teredes que entrar no blog de Infantil. Aquí vos deixo o link
http://infantilvincios.blogspot.com/2021/11/20-novembro-dia-internacional-dos.html
lunes, 8 de noviembre de 2021
O noso primeiro magosto
O pasado venres fomos ao Monte Galiñeiro a festexar o magosto. Pasámolo xenial e gustounos moito ir de excursión .
jueves, 4 de noviembre de 2021
Carabuñas
Durante a semana do samaín, realizamos un contacontos " Carabuñas", a partir del fixemos uns ricos dedos , pero ollo...hai que seguir a receita e iso é un pouco complexo.
Hmmm anímaste a probalos?
viernes, 29 de octubre de 2021
Día de Samaín
martes, 19 de octubre de 2021
Cocorico
A nosa primeira receita no cole feita cas cabazas que recolectamos da horta
Xogos populares
Todos os anos no cole hai unha xornada de xogos populares, e onte fomos os primeiros en comezar a xogar a mariola, as cordas.... e o máis importante do día foi descubrir un novo espazo do centro "A biblioteca".
viernes, 1 de octubre de 2021
Un novo curso,un novo comezo
O curso 2021/22 deu comezo fai uns días e está sendo un inicio diferente: novo grupo de 3 anos, unha situación educativa diferente para min... De todos modos, temos moitas ganas de pasalo ben e gozar de todas as experiencias que o cole pode ofrecernos , queda un longo camiño por percorrer xuntos
Bo inicio de curso rapaces!
jueves, 1 de abril de 2021
CONMEMORACIÓNS
NESTE TRIMESTRE TAMÉN TIVEMOS OCO PARA TRABALLAR AS DIFERENTES CONMEMORACIÓNS QUE XURDIRON AO LONGO DEL. COMO E O DÍA DE ROSALI, DÍA DA PAZ, OU O DÍA DA MULLER TRABALLADORA .
https://www.kizoa.com/Video-Editor/d356524723k5456949o2l1/conmemoraciones_mixto_b
PROPOSTAS 2º TRIMESTRE
AO LONGO DE ESTE TRIMESTRE TRABALLAMOS DIFERENTES ASPECTOS DE LECTOESCRITURA , LOXICA-MATEMÁTICA, EXPERIMENTACIÓN E ARTE. EN TODOS ELES TIVEMOS COMO EIXE A NOVA ESTACIÓN: "O INVERNO".
AQUI VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE 😉
https://www.kizoa.com/Video-Editor/d356534297k9127680o2l1/PROPOSTAS_MIXTO_B_(2)
ANIVERSARIOS
ESTE TRIMESTRE TIVEMOS A SORTE DE PODER CELEBRAR OS ANIVERSARIOS DOS NOSOS COMPAÑEIROS: AITANA, VERA, ASIER, RODRIGO E THIAGO. PARABÉNS A TODOS ELES 😀
https://www.kizoa.com/Video-Editor/d356527041k6958316o2l1/ANIVERSARIOS_MIXTO_B_(2)