O pasado martes 19 de xuño festexamos o día especial de Yago e Celia que cumprirán 4 anos durantes as vacacións.
A visita dos seus pais cos seus irmáns foi toda unha ledicia e gozamos con dous contos xeniais.
Grazas pola vosa visita
Na última sesión de Audición e Linguaxe fixemos uns xogos de sopro , qué difícil era mover a boliña polos circuitos pero lográrono e xa son uns expertos.
Onte os cativos fixérono xenial na súa actuación, pero o máis importante e que estaban moi ledos. Hoxe tocou gozar de novas actuacións e dunha merenda de "picnic" que lles encanta.
Estos días ca calor estamos traballando os transvases de diferentes recipientes. A eles encántanlle e comezan a darse conta qué botes teñen máis volumen , cómo podemos transvasar a auga sen mollarnos... Ollo se cae auga o chan temos que empregar a fregona, son todos uns expertos!
Tamén apareceron un novo material para comezar a traballar a descomposición dos números dunha maneira divertida e sen darse conta, comezan a xogar cas regletas construindo casas, fincas, trens, escaleiras... pero tamén xogamos con elas e co noso nome.
Estos días no noso patio floreceron moitas flores, e os nenos encántalle collelas para levalas a casa ou regalarllas os amigos.
Como gústannos tanto subímonos ás mesas da aula e puxémonos a estampar as nosas mans nas fiestras para crear divertidos paisaxes de primavera. Só tedes que levantar a vista polas mañás e ahí están as nosas flores .
Esta semana un novo neno cumpliu 4 anos: Alejandro.
Gústanlle tanto os animais e os Bolechas que el e os seus pais fixéronnos uns contacontos , pero , o que máis lles gustou os cativos foi a visita de Vera, a irmá de Alejandro.