viernes, 15 de marzo de 2019
jueves, 7 de marzo de 2019
Parabens Yoel
Comezamos o mes de marzo e con el teremos unha morea de aniversarios. Hoxe festexamos o de Yoel e acompañado da súa familia contáronos unha historia moi divertida e logo para poder ir a comer a rica tarta de aniversario tivemos que traballar en equipo para atravesar o gran Río Nilo e os seus hipopótamos e crocodrilos.
Ollo que non vos mordan!
( Clicade na imaxen para ver o video)
Etiquetas:
curso 2018
viernes, 1 de marzo de 2019
lunes, 18 de febrero de 2019
Algunhas cousiñas destas semanas
Este mes de Febreiro foi moi intenso e fixemos moitas cousas: traballos en gran grupo e individuais, algúns deles para pechar a nosa viaxe en Exipto, outros para seguir iniciándonos na robótica e tamén houbo tempo para traballar ca época do ano na que nos atopamos...Aquí vos deixamos algunhas das nosas actividades.
Etiquetas:
curso 2018
miércoles, 6 de febrero de 2019
Alexia xa ten 5 anos
O pasado 2 de Febreiro Alexia cumpliu 5 anos e pasado uns días festexámolo no cole
Noraboa!
Etiquetas:
curso 2018
lunes, 28 de enero de 2019
Elaboramos rico Pan Pita
Os exipcios eran un moi bos artensáns e un dos traballos máis importantes era elaborar pan. Ese pan milenario chegou ata nós, e o pan pita ten moitos elementos en común, por esa razón, fixemos un rico obradoiro de cociña cos rapaces.
Etiquetas:
curso 2018
martes, 22 de enero de 2019
As pedras preciosas
No antigo Exipto as raíñas e os faraóns encantábanlle as pedras preciosas: rubís, zafiros, ouro... e Javier, o noso conxerse, que é todo un experto en xeoloxía, tróuxonos a súa colección de pedras e contounos moitas cousas sobre elas.
Logo fomos ao noso patio e comezamos a buscar: atopamos moito cuarzo e outras pedras diferentes que logo de lavalas , secalas...comprobamos a luz negra se tamén eran fluorescentes.
O que máis nos gustou foi ver como cambiaban de cor ca lanterna. Gracias Javier!!
Etiquetas:
curso 2018
domingo, 20 de enero de 2019
Os nosos papiros
Despois de moito agardar, xa temos os nosos papiros preparados agora só queda descubrir qué escribían neles os "escribanos exipcios" e poñernos mans a obra.
Nos papiros escribían símbolos, dibuxaban a faraóns e deuxes...pero sempre de perfil, tamén escribían xeroglíficos e outros símbolos.
Os nosos son moi divertidos e únicos
Etiquetas:
curso 2018
viernes, 18 de enero de 2019
martes, 15 de enero de 2019
Os nosos nomes en xeroglíficos
Seguimos cos exipcios, descubrimos que nos papiros ademais de ter siluetas e símbolos tamén escribían cousas cunha escritura un pouco diferente ás nosas. Pouco a pouco fomos descubrindo a concordanza das letras do noso nome e os símbolos exipcios: pintamos, xogamos e construimos os nosos nomes de diferentes maneiras!
Etiquetas:
curso 2018
martes, 8 de enero de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
