lunes, 25 de septiembre de 2023

Land Art

 Os primeiros días do outono fixemos unha actividade cos nosos padriños. Consistiu en buscar elementos polo patio do cole e facer unha obra de arte. Queredes ver como foi a búsqueda? Só tes que clicar na imaxe



lunes, 29 de mayo de 2023

Libro viaxeiro xoaniña 2023

 Este ano os nenos de infantil realizaron un libro viaxeiro moi chulo que levaron as súas casas como agasallo 


Xoaniña 2023 by librincios on Scribd

lunes, 22 de mayo de 2023

Letras Galegas

viernes, 31 de marzo de 2023

Salvemos al planeta

Aquí vos deixamos a nosa exposición sobre o planeta Terra 

Actividades para preparar a chegada das vacacións de Pascua

 Os nenos teñen moitas ganas de vacacións, e están ilusionados de ter tempo de lecer e a aula empeza a palparse o ambiente festivo. Mirade cantas cousas fixemos durante estes días



Buscando os ovos de Pascua

Xa imos a dar comezo as vacacións de Pascua pero antes de irnos temos un encargo. Un coelliño moi xoguetón desperdigou as nosas macetas polo cole. Mirade a que montamos.




Un pouquiño de exercicio

O pasado 30 de marzo as chicas do Real Club Celta de Vigo de baloncesto fixeron unha visita ao centro para poñer en práctica as nosas habilidades motrices.
Qué ben o pasamos!!

 

lunes, 27 de marzo de 2023

Instalación do mar

 Este trimestre estivemos investigando sobre o mar: ecosistemas mariños, animais mariños...a contaminación...

Unha das actividades realizadas foi unha instalación onde os nenos de infantil pasaron para descubrir cousiñas deste medio a través do asombro e a creatividade.



martes, 21 de marzo de 2023

Semana da poesía en 4 anos

Este ano, o equipo de biblioteca animounos a participar nun recital de poesía, e a nós que nos gusta moito a troula comezamos a realizar diferentes propostas creativas para ir memorizando pequenas estrofas


 

miércoles, 15 de marzo de 2023

Os volcáns submarinos

O 15 de Marzo estivo de aniversario a nosa compañeira Mía e para facer algo especial na aula viu acompañada do seu irmán e contáronnos moitas cousas interesantes dos volcáns, e deixounos impresionados co dato de que no mar tamén hai volcáns.
Animádesvos a facer o experimento dos volcán s en casa?


 

miércoles, 8 de marzo de 2023

Celebración 8M

Con motivo da celebración do 8 de Marzo o concello de Gondomar brindounos cunha actuación dun paiaso que intentaba recoller a súa casa dunha maneira moi peculiar.




 

martes, 7 de marzo de 2023

Galletas do planeta Terra