Onte os cativos fixérono xenial na súa actuación, pero o máis importante e que estaban moi ledos. Hoxe tocou gozar de novas actuacións e dunha merenda de "picnic" que lles encanta.
Estos días ca calor estamos traballando os transvases de diferentes recipientes. A eles encántanlle e comezan a darse conta qué botes teñen máis volumen , cómo podemos transvasar a auga sen mollarnos... Ollo se cae auga o chan temos que empregar a fregona, son todos uns expertos!
Tamén apareceron un novo material para comezar a traballar a descomposición dos números dunha maneira divertida e sen darse conta, comezan a xogar cas regletas construindo casas, fincas, trens, escaleiras... pero tamén xogamos con elas e co noso nome.
Estos días no noso patio floreceron moitas flores, e os nenos encántalle collelas para levalas a casa ou regalarllas os amigos.
Como gústannos tanto subímonos ás mesas da aula e puxémonos a estampar as nosas mans nas fiestras para crear divertidos paisaxes de primavera. Só tedes que levantar a vista polas mañás e ahí están as nosas flores .
Esta semana un novo neno cumpliu 4 anos: Alejandro.
Gústanlle tanto os animais e os Bolechas que el e os seus pais fixéronnos uns contacontos , pero , o que máis lles gustou os cativos foi a visita de Vera, a irmá de Alejandro.
O pasado venres os pais de Yoel viñeron a aula a compartir un ratiño con nós. Fixéronnos un contacontos e logo participamos todos nun pequeno obradoiro de cociña. Os nenos estiveron moi ledos e agardamos que pronto volvades a aula.
Fai uns días fomos de excursión a Rande e descubrimos que alí nas súas augas hai moitos barcos afundidos logo dunha dura batalla na que os ingleses pensaban que un tesouro estaba agochado na nosa ría.
Nós atopámolo e agora xogamos con el no recuncho dos números.
Hoxe Lidia cumpriu 4 anos, como sempre, poñémonos moi ledos de festexar estes pequenos grandes momentos e para que compartilo con nós , a súa nai Miriam fíxonos dous contacontos marabillosos.
Grazas pola túa visita
Agora toca pintar para poder contar o seguinte conto!!