domingo, 28 de octubre de 2018

Para disfrutar en familia nas tardes de Samaín


De magosto!

O pasado venres fomos de magosto o monte Galiñeiro e aínda que non e o mesmo dende o grave incendio do ano pasado, pasámolo xenial xogando ca natureza, buscando cousas no campo e construíndo cabanas.



Chegou o Outono

Dende fai unhas semanas xa está con nós o Outono e durante estes días fixemos moitas cousas relacionadas con el: realizamos a vendima, colamos o viño, representamos os acios, elaboramos ricas receitas de cociña, traballamos ca cor e a luz...

martes, 23 de octubre de 2018

Samaín

Imagen relacionada

martes, 16 de octubre de 2018

Planetario no cole

A semana pasada tivemos a oportunidades de ir o Planetario, ao principio deunos un pouco de medo porque había que meterse por un oco oscuro pero logo... encantounos!











viernes, 5 de octubre de 2018

Os bolos de pan

Despois de elaborar unha rica marmelada falta algo onde untala e para iso fixemos uns ricos bolos de pan.
Fariña, levadura, sal e un pouco de auga morna e amasar...mmm!
Que bos estaban!

Coñecemos a aula

Os primeiros días no cole descubrimos a nova aula, os diferentes recantos e sobre todo, xogamos cos compañeiros.

domingo, 30 de septiembre de 2018

Voltamos!

Xa estamos de volta con moitas ganas de pasalo ben !
Pronto veredes os nosos avances.

viernes, 22 de junio de 2018

Felices vacacións

Grazas a todos polo agasallo, con él as merendas saben moito mellor
Bo verán!

miércoles, 20 de junio de 2018

O día especial

O pasado martes 19 de xuño festexamos o día especial de Yago e Celia que cumprirán 4 anos durantes as vacacións.
A visita dos seus pais cos seus irmáns foi toda unha ledicia e gozamos con dous contos xeniais.
Grazas pola vosa visita







domingo, 10 de junio de 2018

Xogos de sopro

Na última sesión de Audición e Linguaxe fixemos uns xogos de sopro , qué difícil era mover a boliña polos circuitos pero lográrono e xa son uns expertos.

Paraben Alicia

O pasado venres Alicia fixo 4 anos e festamos esta data tan importante con ela e a súa familia
Parabens Ali