jueves, 22 de febrero de 2024

Votacións no Serra

 Con motivo das votacións autonómicas, celebramos as nosa propia votación para decidir o nome do espazo creativo. Foi unha sesión moi agradable e moi interesante.

O nome gañador foi... Aula dos Soños!!



jueves, 8 de febrero de 2024

Cousiñas durante o entroido

 Estas semanas estamos a preparar cousiñas do noso disfraz e diferentes propostas dentro dos recunchos para traballar esta época tan especial do ano.



lunes, 5 de febrero de 2024

Exposición de rochas e minerais

 Os alumnos de 4º EP invitáronnos a súa exposición de rochas e minerais. 

Encantounos!

Para poder ver cantas cousas nos ensinaron clicade na imaxe


jueves, 1 de febrero de 2024

Sesión de xogos

 O noso compañeiro Elías, decidiu cos seus papis realizar unha sesión de xogos con nós, e o tempo pasou rapidísimo polo ben que o pasamos



viernes, 22 de diciembre de 2023

Felicitación de Nadal

 Logo dun bo traballo toca descansar e todos nós desexámosvos...



jueves, 21 de diciembre de 2023

Durante o mes de decembro...

 O mes de decembro é un mes cheo de traballo: contos, receitas de cociña, manualidades, preparar o festival, actividades de lóxica... Aquí vos deixamos algunhas das cousiñas que fixemos nestos días tan especiais só tedes que clicar na imaxe



Sesión de fotos navideñas

Algún dos pequerrechos pasaron polo noso escenario navideño para sacar unhas fotiños. 
Que guapos están e que maiores!



Festival de panxoliñas

Hoxe, pasámolo xenial no festival das panxoliñas actuando ante os compañeiros coa canción de Mamá Cabra "Os tres reis en bicicleta" Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o guapos que íamos


 

sábado, 25 de noviembre de 2023

25 N


Polo día do 25 N dende a Biblioteca Escolar propúxonos facer unha bolboreta por cada unha das victimas de violenxia de xénero que houbo durante este ano, estas foron as nosas 5 marabillosas bolboretas que realizamos en equipos e con material de refugallo.


Se queredes ver canto traballamos só tedes que clicar na imaxe

 

viernes, 17 de noviembre de 2023

O magosto

 Como tódolos anos o magosto de Vincios é moi divertido. O Monte Galiñeiro é un lugar perfecto para pasar un día na natureza

Se queredes ver só tedes que clicar na imaxe


lunes, 6 de noviembre de 2023

Formación de usuarios

A biblioteca é un lugar cheo de vida, e cada semana pasamos unha sesión nela onde escoitamos historias, escollemos contos para ler, inventamos escenarios... e este ano fixemos uns marcadores para as nosas visitas semanais.

Xa estamos usando os nosos marcadores!! Cada vez somos un pouco máis maiores e independentes.
Grazas librincios por estas actividades tan divertidas.



 

viernes, 3 de noviembre de 2023

Ricas magdalenas

 O outro día Montse, a nai de Naiara acompañounos para realizar unha receita de cociña. Estaban boísimas. Grazas por compartir este tempo con nós. ( Clicade na imaxe se queredes acceder ao video)


Clicade n